Publicidad:
La Coctelera

FERIAS Y MERCADOS____________________

PUBLICA TU ARTÍCULO ENVIANOS TU ARTÍCULO feriasymercados@iespana.es

16 Noviembre 2006

A FEDERACIÓN GALEGA DE COMERCIO PONE EN MARCHA A QUINCENA DO COMERCIO GALEGO

A Federación Galega de Comercio pon en marcha a campaña promocional Gran Quincena do Comercio Galego, que este ano celebra a súa quinta edición. Esta iniciativa supón o cumio das actividades promocionais que a Federación Galega de Comercio realiza ó longo do ano, e ten por obxectivo incrementar as vendas no pequeno comercio de Galicia nestas datas, que son un periodo transitorio entre as campañas de Volta ao Cole e Nadal.

Este ano a campaña iniciarase o luns, 6 de novembro, e desenvolverase ata o día 25 de novembro. Todos os comercios de Galicia participan nesta promoción, que vai acompañada dunha intensa campaña publicitaria en medios escritos, ademais da presencia en todos os puntos de venda. Os premios que se poñen en xogo son 4 coches, un por provincia, e 10.000 euros repartidos en 50 premios de 200 euros para compras efectuadas coa Tarxeta Amarela do Comercio Galego, que serán ingresados na propia tarxeta do cliente.

Dinámica da Campaña: os clientes que merquen nun establecemento minorista entre o 6 e o 25 de novembro deben remitir ao apartado 160 de Lugo o ticket de compra debidamente selado polo comercio xunto cos seus datos persoais. Pero se ademais a compra é pagada coa Tarxeta Amarela do Comercio Galego deberán xuntar ao anterior o xustificante do pagamento con esta tarxeta.

O sorteo destes premios terá lugar ante notario o día 29 de novembro, participando todas as cartas recibidas ata entón. Dous días máis tarde publicarase en todos os medios o listado dos gañadores e dos comercios que entreguen os catro coches.

Resaltar a axuda de todos os comerciantes galegos e das catro Federacións Provinciais de Comercio no bo desenvolvemento desta campaña, que conta coa colaboración da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a S.A. de Xestión do Xacobeo e de Caixa Galicia.

servido por ferias-y-mercados sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de ferias-y-mercados

FERIAS Y MERCADOS____________________

ver perfil »
contacto »
Free Web Counters
Free Counter
Ferias y Mercados os desean FELICES FIESTAS
Google
WWW Ferias y Mercados
EL TIEMPO

Fotos

ferias-y-mercados todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?